A persoa da que vou a falar é o meu bisavóes (José Ramón) por parte materna.
A pouca información que puiden reunir é gracias aos recordos de miña avoa (do que lle contaron) xa que naquela época, ela non nacera, ata que o meu bisavó (seu pai) regresou a Galicia.
Ela cóntame que o meu bisavó tiña nove irmáns (un deles xa emigrara a Cuba) eso foi un dos motivos añadido a formar unha familia coa pobreza que se vivía naqueles tempos.
Non sabemos a data exacta, pero cremos que foi polos anos trinta cando meu bisavó, xa casado coa miña bisavoa e cunha filla de dous anos, decidiu emigar a Cuba.
Sabemos que a viaxe foi en barco e moi longo, non só polo tempo que tardou en chegar, senon tamén pola soedade e a tristeza de deixar aos seus e enfrentarse ao descoñecido.
En Cuba vivíase mellor que en Galicia naquela época, e o que se gañaba ao cambio da moeda era moito. Tamén é verdade que se adicaban a traballar e aforrar todo o que podían.
Nos catro anos que estivo fora tamén sucedeu unha traxedia coa filla que tiña, xa que esta faleceu nun accidente.
Ao voltar tivo outros dous fillos (miña avoa e o meu tío avó) este último tamén emigrou nos anos sesenta a Alemaña.
Máis tarde tamén emigraron unhas sobriñas do meu bisavó que cando quixeron voltar (cando gobernaba Fidel Castro) non lles permitían traer nada do que gañaran alí, polo que deixaron en  Cuba dúas casas que compraran e o diñeiro o esconderon debaixo dunhas baldosas dunha das vivendas.