En 1950 a familia de Joaquín decide emigrar á Arxentina, xa que o seu irmán maior nacera alí e notificábao o goberno arxentino para facer o servizo militar. En 1952, cando conseguiron amañar toda a documentación, marchou para o país americano no buque Cabo de Buena Esperanza xunto cos seus pais e irmáns.
Joaquín comezou a traballar con quince anos como aprendiz nunha oficina, unha sociedade que administraba as propiedades das familias máis influentes da Arxentina, as que chegou a coñecer. Pola noite estudaba, sempre en colexios públicos que daban todo tipo de facilidades, e en 1960 conseguiu o título de Perito mercantil.
Despois deste viñeron outros empregos: nunha fábrica alemá de tractores, noutra francesa de champaña como contable e encargado da administración, e en 1968 nunha empresa metalúrxica, ata que en 1972 regresou a Pontevedra.
Joaquín lembra Bos Aires como unha cidade marabillosa, moi diferente ás cidades da España dos anos cincuenta, con moitísimas posibilidades para vivir ben. Aínda que houbo emigrantes que non puideron volver debido ao pouco valor da moeda e lles foi mal, non foi o seu caso.

Na Arxentina
Na Arxentina
En Túnez