Con este material Afundación dalle un soporte académico á acción interxeracional que poñemos a disposición do alumnado, do profesorado e das persoas maiores que participan achegando a súa experiencia.
• Identificamos os vínculos deste proxecto co currículo de secundaria e bacharelato.
• Ofrecemos o relato das diferentes etapas do fenómeno: América e as razóns históricas da emigración galega, o problema dos foros e a desamortización no século XIX, a emigración da guerra e o exilio, a emigración na segunda metade do século XX, e o fenómeno da emigración e a inmigración na actualidade
• Completamos esta visión cunha relación de bibliografía, documentais recursos online sobre a emigración.
• Achegamos aos centros educativos a exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”.
- Material didáctico As migracións contemporáneas en Galicia
- Guía dos encontros interxeracionais
- Historias de vida na emigración. Proposta de traballo escolar para o alumnado
- Temas sobre os que traballar no curriculo de secundaria e bacharelato
- Bibliografía
- Escolma literaria sobre a emigración. Libros de ida e volta
- Exposicion fotográfica "Nós tamén fomos emigrantes"