A principal motivación migratoria de Jesús foi a rebeldía e as ansias de se emancipar economicamente e vivir a súa propia vida. Con dezanove anos marchou a Bilbo, onde tiña uns tíos e expectativas de atopar traballo. De feito atopouno decontado, de panadeiro e de pintor, ata que comezou no sector industrial asociado á construción naval e á reparación.

Nesa época podíase cambiar facilmente de traballo. Jesús conta como ían buscar traballadores á saída das fábricas: «canto che pagan aquí? Eu ofrézoche máis». Así cambiou varias veces de empresa ata que finalmente se dedicou á reparación de barcos en ruta para a mariña mercante. O peche ao tráfico de barcos do Canal de Suez entre 1967 e 1975 provocou a construción de grandes petroleiros coa máxima capacidade de almacenamento, para partir desde o Golfo Pérsico e rodear África polo cabo de Boa Esperanza. Neste contexto, Jesús traballou viaxando por todo o mundo tocando portos e navegando en grandes petroleiros, e ás veces pasando máis dun mes sen pisar terra.

Jesús viviu experiencias moi interesantes embarcado e aproveitou para ampliar os seus coñecementos e a súa cultura facendo «turismo do pobre», aproveitando o traballo para visitar moitos lugares.

Nun hotel do estado de California, nunha das múltiples viaxes que realizou por toda a xeografía debido ao seu traballo de mantemento de barcos en ruta.
En Irak, noutro dos países que estivo