Corona xa tiña un irmán no estranxeiro, e en 1964 decidiu emigrar co obxectivo de mellorar a súa situación. Marchou para Alemaña cun contrato para traballar nunha fábrica de verduras, e alí vivía cun grupo de mozas nun hostal. Aos seis meses xa puido vir a Galicia de vacacións.

Foi na emigración onde Corona recuperou a relación cun mozo que tivera en Galicia. Naquel tempo, ambos marcharan para o estranxeiro e a relación non fora adiante. Mais anos despois casaron e conseguiron unha habitación para viviren xuntos. O matrimonio tivo que traballar moito e duro, mais a pesar de todo o esforzo, Corona garda moi bo recordo daquela época, pois no país queríanlle moito aos españois por seren traballadores.

Coas amigas coas que compartía habitación antes de casar
O día da súa voda
Coas compañeiras da empresa de verduras onde traballaba
Co seu marido