Dorinda tiña familia en Venezuela e para alí marchou en 1971 co seu home buscando unha mellora económica, pese a ter el traballo en Ourense. Para marcharen, tiveron que pasar os exames sanitarios esixidos e esperar a ter un contrato.

O seu home encontrou traballo na construción e ela de empregada nun importante taller de confección. En Venezuela viviron moi ben: tiñan un apartamento alugado, e alí naceu a súa filla. Naquel país fixéronse socios da Hermandad Gallega, un lugar de encontro entre persoas galegas onde asistían a bailes e había piscina e todo tipo de servizos.

Foto 1