Era 1951 cando José María, con dezaseis anos, marchaba para Panamá co seu pai. A pesar de levar dez anos sen o ver e apenas recordalo seu pai tiña emigrado antes para alá, tendo el seis anos decidiu emprender a aventura da súa vida con el. A viaxe comezou en avión, medio pouco habitual daquela, aínda que as circunstancias da viaxe foron moi distintas ás que se darían hoxe: despois de dous días nun avión de hélices, percorreu un longuísimo itinerario de Madrid a Lisboa, de alí ao Senegal, logo Paramaribo, Surinam, Curaçao, Cartaxena de Indias e, finalmente, Panamá.

José María estivo no país americano dos dezaseis aos vinte e un anos, e logo volveu a España para facer o servizo militar en 1959, regresando novamente a Panamá; neste período rexentou, en réxime de concesión, a cafetería dun hospital; anos despois deixou este negocio e montou a súa propia empresa construtora. A día de hoxe segue vinculado con Panamá, onde aínda posúe un edificio.

José María casou e tivo os seus fillos en Panamá. Foron precisamente motivos familiares os que o motivaron a retornar, a posibilidade de que os seu fillos desenvolvesen a súa vida alí dificultaba as posibilidades de retorno, por iso volveron sendo aínda mozos.

Foto 1
Foto 2
Foto 3