Orixinaria de Lugo, Blanca marchou en 1970 a Guinea Ecuatorial con vinte e tres anos de idade e recentemente casada por motivos laborais do seu home. Blanca considera aqueles cinco anos no país como unha experiencia única que lembrará toda a vida.

Guinea Ecuatorial, un dos países máis pequenos de África, foi unha colonia de Españaque acababa de obter a súa o su independencia en 1968 e que celebrou eleccións presidenciais nese mesmo ano. En 1970, cando Blanca chega a Guinea, o presidente electo Francisco Macías Nguema culminou un proceso de persecución da oposición política, de supresión de liberdades e de concentración de todo o poder na súa persoa que derivou nunha cruenta dictadura.

Blanca, profesora recentemente titulada, tivo que renunciar á posibilidade de impartir clases pola súa propia seguridade e pola da súa familia, xa que a dictadura de Macías pechou as escolas en 1975. Durante este período, boa parte da vida de Blanca transcurría en torno á embaixada española. No aspecto vivencial destaca tamén as condicións climáticas dun país que non tiña nada que ver con Galicia, cunha humidade extrema e unha vexetación espectacular, as especies animais e vexetais autóctonas parecíanlle xigantes. Moitos europeos estaban xa habituados e convivían con lagartos pola súa utilidade, xa que comen mosquitos e arañas, transmisores de enfermidades endémicas como o paludismo, que ela mesma e o seu home padeceron pese ás vacinas obrigatorias.

Cando en 1975 retornaron para establecerense en Vigo a adaptación foi dura, especialmente porque era consciente da dificilísima situación na que quedaban moitos dos seus coñecidos e amigos guineanos. Blanca soubo despois que moitos dos seus coñecidos e amigos que intentaran fuxir do réxime de Macías foron fusilados; posteriormente o ditador Macías foi él mesmo derrocado e fusilado polo seu propio sobriño Teodoro Obiang en 1979.