Josefa emigrou a Alemaña porque o seu home estaba naquel país traballando. Casaron en fin de ano e marcharon en tren, unha viaxe que lles levou dous días. Aos seis meses de chegar Josefa enfrontouse ao reto de sacar o carné de conducir sen saber nada do idioma, o que lle serviu para aprender moitas palabras, e aos catro meses xa tiña o carné. Aos dous anos de chegar comezou a traballar na casa dun médico, e ao pouco tempo quedou embarazada e tivo unha nena.
Josefa estaba encantada coa xente de alí, sobre todo os veciños, que sempre se prestaron para axudarlle. Ao chegar chamáronlle a atención os avances daquel país: os supermercados, os iogures, os comercios de roupa... A familia regresou a España polos seus fillos, porque en Alemaña non había colexios para españois. Se non fose por iso, comenta, terían quedado alí.

O seu fillo no colexio
Carné de conducir alemán