No ano 1950, na aldea dos meus bisavós emigrou moita xente debido á falta de recursos económicos. Na miña familia marcharon a París os meus tíos Manolo e Ricardo, irmáns da miña bisavoa.
Manolo emigrou con trinta anos, deixando aquí a súa muller e os fillos, un deles cos seus pais e outro coa súa irmá. En París traballou como limpador e vivía nunha habitación con máis persoas.
O contacto coa familia mantíñao por por carta, e unha vez ao ano viña de visita. A experiencia da emigración foi difícil para Manolo, xa que botaba de menos a súa familia, e lembra con felicidade o momento da súa volta.
Traballos escolares
Manolo
- Nome do alumno: Rocío Rodríguez Mateo
- País de destino: France
- Ano emigración: 1950
- Ano de retorno: 1954