O meu tío emigrou a Alemaña en 1971, con vinte anos, por cuestións laborais. Alí traballaba nos estaleiros e vivía nunha residencia da empresa.
A comunicación coa familia mantíñaa a través de carta, e no verán viña de visita. Aínda que tivo moitos problemas co idioma, fai unha valoración moi positiva da súa experiencia na emigración e considera que sempre foi moi respectado. O regreso tivo lugar no ano 2008 ao se xubilar e agora, aínda que está contento por estar de volta, bota de menos a familia que deixou alí.