Os meus avós, Ramona e Clemente, emigraron a Suíza en 1970 para poder conseguir unhas mellores condicións de vida.
Nun primeiro momento emigrou só o meu avó, e conseguiu traballo nunha fábrica. Un ano despois, a miña avoa marchou para xunta o seu home. Ela, que xa tiña os papeis en regra, viaxou en avión e foi directamente traballar á empresa onde estaba o avó.
Pouco a pouco ambos foron ascendendo nos seus postos de traballo, e o meu avó chegou incluso a ser xefe. Despois dun tempo, a avoa Ramona deixou o seu traballo na fábrica para levar o mantemento nun colexio. Aínda que gañaban bastante diñeiro con aquel primeiro emprego, a situación mellorou ao se cambiaren de posto de traballo. Sempre que tiñan oportunidade, durante as súas vacacións, viaxaban en coche a Galicia.
En Suíza vivían no cantón alemán e ían moito ao Centro Galego, onde había unha banda de gaitas e comían polbo. Despois de cinco anos en Suíza naceu a súa filla, a miña nai, en España, e a miña tía naceu anos despois en Suíza.
Os meus avós, que estiveron emigrados durante 25 anos, din arrepentirse de ter volto a España. Cando visitei Suíza, puidéronme ensinar todos os sitios onde eles estiveron. Aquel país pareceume un lugar perfecto, como un paraíso.