Os meus avós, Rosalía e Xosé, tiveron que emigrar a unha localidade de Francia chamada Lyon. Os motivos foron a falta de traballo e de diñeiro. Ademais nas familias de cada un deles eran moitos irmáns, polo que a economía das casas era moi mala.

O primeiro que emigrou foi o meu avó, cunha idade de 23 anos, en tren cara Lyon. Tivo que subirse en dous trens, xa que o modelo das vías de España eran distintas aos modelos das vías  francesas. Cando chegou alí, empezou traballando como obreiro, mentres que a miña avoa estaba aínda na Coruña.

En 1965 o meu avó volveu á Coruña para pedirlle matrimonio á miña avoa. Coa idade de 22 anos, xa casados, irían comezar unha nova vida en Lyon (Francia). Alí a miña avoa empezou a traballar nunha fábrica de roupa militar que se chamaba "ce foullet". Cobraba cada 15 días uns 150 francos.

A súa vida social alí era moi boa, relacionábanse cos amigos e veciños a diario, tanto franceses coma outros emigrantes, tanto españois coma portugueses ou Italianos. Dime miña avoa que a xente era moi educada e agradable. Mentres que pasaba todo isto, os meus avós comunicábanse semanalmente cos seus familiares mediante cartas, principalmente a miña avoa era a que escribía mais cartas para contarlles a súa vida cotiá.

1975 foi o ano do retorno dos meus avós á Coruña. Tiveron que deixar a súa vida en Francia e vender todos os seus bens persoais. Para chegar á Coruña, aínda que pareza unha tontería, tiveron que pasar algunhas dificultades, xa que retornaron pola estrada no seu propio coche, tardando dous días, e as estradas daqueles días eran moi penosas. Pero estarédesvos preguntando o porqué de retornar á Coruña. Pois o motivo foi que a súa filla (hoxe miña nai), coa idade de 6 anos tiña a obriga de escolarizarse, polo que tiveron que tomar unha gan decisión, quedarse no pais e escolarizar a súa filla ou retornar a España. Cando chegaron, estranaron moito o nivel de vida da España daquela época, comparándoo co nivel que deixaran atrás en Francia. Meu avó empezou a traballar outra vez de albanel, mentres que a miña avoa dedicouse a coidar da miña nai e do meu tío Xoán. Dime miña avoa, que os comenzos aquí volveron a ser difíciles, e que nalguhas ocasións arrepentiéronse de retornar. Pregunteille que recordo ten en xeral de ter emigrado. Ela contéstame que ten un bo recordo, pese aos momentos tristes, ao traballo, e á falta de cousas no comezo. Dime que hoxe volvería a emigrar. Grazas ao traballo atopado en Francia, eles conseguiron independizarse, coñeceron outros lugares, outras xentes e outras formas de facer as cousas. Puideron coñecer un pouco como era o mundo fóra da Galicia naqueles anos e darse conta do atraso que había nas aldeas.