A protagonista deste texto é miña nai, Patricia Vázquez Jones, nada o 21 de xaneiro de 1970. Ao longo dos doce anos nos que estivo fóra de España, emigrou primeiro a Inglaterra; tras dous anos alí, regresou a España durante 1 ano y despois volveu marchar a Nova York (EEUU), St. Martin (O Caribe) e por último a Bos Aires (Arxentina). Pero nesta redacción centrareime nos anos nos que emigrou a EEUU.

O ano no que se foi a EEUU foi no 1990, con 20 anos. Dous anos máis tarde marchou ao Caribe.
A razón pola que decidiu marchar a outro lugar foi que quería vivir a experiencia de traballar noutro sitio lonxe de onde ela vivía  e pola súa paixón por viaxar. En canto chegou ao seu lugar de residencia, integrouse perfectamente e moi rápidamente. Fixo amigos facilmente e sen ningún tipo de problema grazas ao seu dominio do inglés. Alí estivo traballando en diversos lugares.

Durante bastante tempo estivo traballando de camareira en moitos sitios. Foi unha experiencia moi divertida e interesante que fixo que coñecese moitas persoas. Despois estivo traballando nun hipódromo, coidando e exercitando os cabalos. Foi unha experiencia enriquecedora e, sobre todo, moi dura, xa que para ir traballar tiña que erguerse ás 4 da mañá e percorrer un longo traxecto en metro ela soa para chegar ás 6 ao hipódromo e estar lista para poñerse a traballar durante horas. Tamén traballou de limpadora de habitacións nun hotel, onde traballaba durante moitísimas horas sin parar. Pagábanlle o suficiente para vivir, tamén lle daban unha habitación para durmir alí e unha comida ao día.

En canto ás relacións coa súa familia, falaban por teléfono unha vez ao mes e, máis ou menos, dúas veces ao mes escribíanse cartas. En datas especiais, como Nadal, a súa familia sempre lle enviaba un paquete con comida e postais. Sinceramente, ela non os botaba moito de menos nin tiña morriña, xa que o estaba pasando moi ben alí, en cambio, a súa familia si que a extrañaba.

Despois dos seus anos en EEUU, como xa dixen antes, tamén estivo vivindo no Caribe e en Bos Aires e, no 2000, regresou a España debido a que seu pai estaba enfermo e a súa nai a necesitaba. Foi unha decisión bastante difícil, xa que non sabía co que se ía atopar en España tras 12 anos fóra, nin se se ía adaptar ben unha vez afeita aos costumes doutros países, ademais de que tería que separarse de moitas amizades que fixera.

A súa experiencia, en xeral, foi inesquecible e irrepetible, unha época que lle fixo madurar, aprender e valorar o que tiña no momento. Conserva grandes recordos que compartir e é unha experiencia que recomenda a todo o mundo.