Investigando pola miña familia non atopei a ninguén que emigrase a outros países así que falei con unha veciña para facer esta entrevista, chámase Ysolina. Ela naceu en Venezuela, contoume que os seus pais coñecéronse alí. Por unha parte está o seu pai, el foi a Venezuela cando tiña 18 anos para traballar co seu pai (o avó de Ysolina), nese momento ela aínda non nacera. O avó ía dun país a outro traballando en construcións, cada nove meses cambiaba de país, foi a lugares como Cuba, Colombia... Cando chamou ao seu fillo encontrábase en Venezuela e traballaban nunha presa. Alí o pai de Ysolina comezou a traballar en distintas tarefas, como axudar nunha casa dunha familia bastante acomodada ou axudar en construcións. Co diñeiro que ganaron, fixeron unha casa cerca desa presa e traxeron ao resto da familia ata alí, que nese momento seguían en Galicia. O pai de Ysolina comezou a estudar, algo así como unha carreira.

Polo outro lado está a nai de Ysolina, ela viaxou con 11 anos ata Venezuela, e tamén tivo estudos. Mentres ela estudaba, os seus irmáns menores traballaban cultivando. Despois duns anos os pais coñecéronse e casaron. Tiveron a Ysolina e ao seu irmán. Eles medraron alí, aínda que Venezuela xa empezaba a ser un sitio perigoso. Ela contoume que cando quedaba cas súas amigas tiñan que quedar nas casas, cousa similar á que pasa na actualidade.

Cando tiña 16 anos viaxou a Galicia coa súa nai e quedou abraiada coa liberdade que había aquí. Así que con 18 anos veu, aínda que non lle foi doado encontrar traballo, foi traballando dunha cousa e outra ata encontrar un traballo estable. O seu irmán quedouse alí ata fai poucos anos, viño e agora está traballando aquí. Falando con ela díxome que tiña amigas que tamén emigraron a lugares de Norte América. Contoume tamén que moitas persoas quedaban alí porque tiñan fillos, por exemplo os seus pais no volveron a Galicia porque o seu irmán non quería moverse. Aínda así el veu anos despois.

Ysolina coa súa familia
Cos avós maternos
O pai co coche da familia para a que traballaba
A lúa de mel dos seus pais