Xosé e Herminia, os meus bisavós, emigraron a Cuba en 1918. Acababan de casar, e marchaban na busca dunha vida mellor. En Cuba el comezou a traballar de taxista e ela como ama de cría da filla dunha familia vasca. Alí naceu o meu avó, Xosé, en 1923. Xosé e Herminia regresaron para Galicia, onde tiveron outros dous fillos, Aurelia e Felicita, mais o avó Xosé decidiu quedar en Cuba uns anos máis traballando nunha pequena empresa de barcos e logo como canteiro, ata que regresou en 1948.

O meu avó e a miña avoa coñecéronse en Galicia, na festa de Pandozarco (Lugo). El traballaba como canteiro en Galicia, e ela acababa de chegar de Austria, a onde emigrara para traballar de costureira. Casaron en 1950 e mudáronse a Suárbol (León) onde tiveron sete fillos. Despois fixeron unha casa en Moreira (Lugo), e tiveron seis fillos máis, dos que catro morreron de moi nenos. O benxamín, Xesús, é o meu pai.

Celia e Lidia, irmáns do meu pai, emigraron a Barcelona con tan só dezaoito e dezaseis anos. Meu tío Luís xa estaba alí, e o meu pai marchou tamén ao cumprir os dezaoito anos. En Barcelona traballou tres anos como electricista. Cando regresou a Galicia coñeceu a miña nai, casaron e alugaron unha casa en Suárbol (León), que logo acabarían mercando. En 1996 tiveron a miña irmá Pilar e en 2001 nacemos a miña irmá e eu.

En 2015, ao miña nai atopar traballo en Lugo, viñemos con ela as miñas irmás e mais eu.