Pregunteille a miña nai se alguén da familia emigrara a algún país nalgún momento e díxome que meu avó fora a Cuba e que, despois de que meus avós volveron, tanto ela como os seus irmáns viñeron aquí.

Meu avó foi a Cuba nos anos setenta e estivo alí ata hai uns quince anos. Cando chegou púxose a traballar de profesor nun colexio, no que exerceu a docencia durante moitos anos, e do que máis tarde se converteu en director. Alí coñeceu á miña avoa, que traballaba como profesora.

Eles dous casaron e foron vivir, durante moitos anos, a unha casa cos pais de miña avoa. Nesa casa tiveron tres fillos, miña nai e meus dous tíos, que fixeron todos os seus estudos alí.

Meu avó volveu a España moitos anos despois con miña avoa e cun un dos meus tíos, cando el era moi novo. Pouco despois chegou miña tía e o seu marido e, por último, chegaron meus pais e eu, cando era moi pequena. Eles dixéronme que decidiran irse de Cuba porque as condicións de vida xa non eran moi boas. Eles chegaron no ano 2010, cando eu tiña seis anos.

Cando chegaron foron vivir á casa na que vivían meus avós e pouco despois mudáronse a outra casa, e anos máis tarde puideron traballar da profesión que estudaran en Cuba.