Os meus foron emigrantes no seu momento, e o seu destino foi Francia. Marcharon a finais do ano 1972, deixando aquí como únicas propiedades a súa casa e dous campos nos cales pastaban as vacas e ovellas que tiñan anteriormente e que venderon tras decidir que marchaban para Francia. Daquela o meu avó vivía do ganado e tamén axudando ao irmán da miña avoa, o cal era carpinteiro, e mentres miña avoa gañaba cartos coidando de algúns rapaces da aldea.

A decisión de emigrar a Francia tomárona porque ao irmán da miña avoa chegoulle unha moi boa oferta de traballo como carpinteiro en Francia,no cal precisaba axuda dun axudante, e pediulle a meu avó que fora con el se convertera no axudante que necesitaba, e ao final entre eles dous e mais a miña avoa, tomaron a decisión de marchar a Francia despois de que miña avoa dera a luz o seu primeiro fillo, o meu tío Eduardo.

En Francia, meus avós contáronme que lles foi moi ben e levaron unha boa experiencia, sen embargo por problemas de adaptación meus avós volveron a España pero meu tío avó quedou alí. Durante a estancia en Francia miña avoa deu a luz a miña nai, que naceu en Francia e dous meses despois volveron a España e por tanto nacionalizouse como española.